Saltar ao contido

Atol Vahitahi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Vahitahi
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 18°47′S 138°50′O / -18.78, -138.83
ColectividadePolinesia Francesa
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Nukutavake Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie13 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Vahitahi (antes Les Quatre Facardins e Lagoon) é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Nukutavake. Está situado a 50 km ao norte de Nukutavake.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie total de 2,5 km², sen ningún paso navegable cara á lagoa interior. A vila principal é Mohitu (antes chamada Temanufaara). A poboación total era de 68 habitantes no censo de 1996. Dispón dun aeródromo.

Foi a primeira illa que atopou no Pacífico o francés Bougainville en 1768, na súa viaxe de circunnavegación. Recordoulle o nome dunha famosa novela da época: Les Quatre Facardins. O ano seguinte tamén foi a primeira illa que atopou o inglés James Cook na súa primeira viaxe, ademais do primeiro atol, e así o chamou Lagoon Island.